Calendario Romano

miércoles, 17 de junio de 2009

Traballo de recurperación e reforzo 1º Bach.

Estamos a piques de rematar o curso 2008-09 e, como xa estivemos a falar, resulta necesario que todo o alumnado manteña un nivel detraballo durante as vacacións de verán.
Por un lado aqueles alumnos que non teñen superadas as materias de Latín I e Grego I deberán facer exercicios de morfoloxía como os que suxiren os libros de texto das respectivas materias. Por outro, todos aqueles que teñades superadas as materias non podedes perder o contacto con elas durante máis de dous meses, polo que ireivos colgando textos que resulten axeitados para conservar o ritmo de traducción.
Poderei correxirvos os exercicios que me enviedes a miña dirección de correo electrónico, sempre e cando no asunto do correo os identifiquedes co nome e 1º apelido; poderei atendervos o mes de xullo e a última semana do mes de agosto, así como a 1ª quincena de setembro.

dcdolorescastro@gmail.com

1 comentario:

helena bemposta dijo...

Loli, te vamos a echar de menos durante el verano!!!!

Soy Helena