Calendario Romano

jueves, 22 de septiembre de 2011

lunes, 31 de enero de 2011

Concurso Odisea 2011-Preguntas e Solucións

Pregunta 1.1 Este deus violou o voto de castidade dunha xove vestal, que verá despois como lle son arrebatados os seus fillos por orden dun rei que vía perigar o seu trono. En latín. MARS // MāRS
Pregunta 1.2 Esta filla de reis previu a destrucción da súa famosa cidade pero ninguén lle creu. CASANDRA // CASSANDRA
Pregunta 1.3 Foi unha estatua á que unha deusa infundiu vida, conmovida polo desexo obsesivo do escultor que a creou e que se namorou dela. GALATEA

Pregunta 2.1 En Grecia, obxecto que servía para protexer ás mulleres mentres tecían. EPINETRON // EPÍNETRON // EPINETRÓN // EPINETRE
Pregunta 2.2 As matronas romanas acudían a ela para mellorar a súa imaxe. En latín. ORNATRIX
Pregunta 2.3 Nome do tipo de matrimonio polo que unha muller romana era simbólicamente vendida ao seu marido. En latín. COEMPTIO
Pregunta 3.1 A celebración dese culto, que leva un nome de deus, era un dos poucos momentos no que as mulleres de Roma se sentían de verdade libres, xa que só elas podían participar. Máis tarde abriuse también aos homes pero acabou prohibido polo Senado (en plural e en latín). BACCHANALIA

Pregunta 3.2 A morte desta famosa científica grega relacionouse coa destrución dunha famosa Biblioteca da Antigüedade. HIPATIA // HIPATÍA // HIPACIA // HYPATIA
Pregunta 3.3 O matrimonio desta xove, a quen o seu marido levaba 23 anos, buscaba a alianza política entre dous homes poderosos, como moitos outros en Roma, pero sorprendentemente levou tamén o amor aos esposos. A súa morte no parto desfixo esa alianza e provocou a guerra. XULIA // IULIA // IVLIA // JULIA
p4.1: Pista 1 de Preguntón Segundo un tráxico grego foi violada por un deus, abandonou ao seu fillo e logo encontrouno, aínda que a piques estivo de envenenalo. CREÚSA // CREUSA
p4.2: Pista 2 de Preguntón A máis honesta e honrada das matronas romanas, que preferiu o suicidio ao deshonor e inspirou a Shakespeare. LUCRECIA
p4.3: Pista 3 de Preguntón Enganada polo seu pai, casi foi sacrificada. IFIXENIA // IFIGENIA
p4.4: Pista 4 de Preguntón Este comediógrafo de orixe humilde foi acollido por un senador, que o educou e máis tarde liberou, impresionado polas súas habilidades. TERENCIO
p4.5: Pista 5 de Preguntón Un movemento británico feminista citaba a miúdo a este autor grego do s. V a.C polo modo favorable en que retrataba ás mulleres nas súas obras. EURÍPIDES
p4.6: Pista 6 de Preguntón Poeta latino que nun dos seus poemas dicía que non quería casar cunha muller rica para non ser considerado ou presentado en sociedad como o "esposo" dela. MARCIAL
p4.7: Pista 7 de Preguntón Esta princesa, avergonzada por manter relacións incestuosas co seu propio pai, fuxiu ao bosque, onde unha divindade transformouna en curuxa. Por iso, cóntanos un poeta latino, como o ave, rexeita a luz do día e só sae de noite. NICTÍMENE // NICTIMENE // NICTIMENA
p4.8: Pista 8 de Preguntón Este poeta latino inspirouse na lenda para contar a historia dunhas mulleres que evitaron unha guerra entre parentes. ENNIO
p4.9: Pista 9 de Preguntón Drama satírico que completaba a tetraloxía á que pertence unha traxedia grega que fala dos desastres da guerra. SÍSIFO
p4.10: Pista 10 de Preguntón Praenomen dun famoso literato latino, autor dunha obra tan voluminosa que, segundo dicía un poeta hispano, non lle cabía na súa biblioteca. (en latín) TITUS // TITVS
p4.11: Pista 11 de Preguntón Nesta famosa comedia, tirando dun cabo sácase do mar un tesouro. En latín. RUDENS
p4.12: Pista 12 de Preguntón Nesta epopea a actuación dunha muller, aínda que non é a protagonista, resulta imprescindible. ARGONÁUTICAS // ARGONAUTICA
p4.13: Preguntón Heroína dunha traxedia grega. CLITEMNESTRA

lunes, 3 de enero de 2011

Concurso Odisea 2011 Enlace

Enlace para participar no concuro on line Odisea 2011 da sección galega da SEEC